InicioOrientalRibadeoMellora da seguridade na Avenida Ría de Ribadeo

Mellora da seguridade na Avenida Ría de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello, despois da reunión mantida hoxe con veciños e veciñas da avenida Ría de Ribadeo, acordou pintar unha liña continua desde a rotonda de Piñeira ata a da área comercial de Vilar co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nesa zona.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “se pintará unha liña continua para primar a seguridade nunha zona na que se producen continuos accidentes, atropelos e retencións de tráfico”.

O rexedor adiantou que “tamén se iluminarán os pasos de peóns e mellorarase a sinalización en todo ese tramo”.

O alcalde mantivo este mediodía na Casa do Concello un encontro con residentes da avenida Ría de Ribadeo para abordar este asunto.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...