InicioCentralBurelaFracasa o intento para remolcar ao pesqueiro encallado: volverán intentalo este venres

Fracasa o intento para remolcar ao pesqueiro encallado: volverán intentalo este venres

Non hai constancia de contaminación mariña na zona.

Publicada o

- Advertisement -

Dous pesqueiros tentaron remolcar ao “Virxen dos Milagros”, encallado tres millas ao sur de Burela, na zona coñecida como Porto de Nois, xa no concello de Foz, pero “non conseguiron sacalo”. Segundo informa Salvamento Marítimo, tras fracasar o intento deste xoves, ao armadar presentará un plan para volver probar este venres.

Nestes traballos estiveron presentes a ‘Salvamar Alioth’ e a lancha ‘Saturno’ da Cruz Vermella. Polo momento, non hai constancia de contaminación mariña na zona.

Dez tripulantes do “Virxen dos Milagros” foron rescatados na madrugada deste xoves despois de que o barco quedara varado nunha zona rochosa chamada Porto de Nois, no municipio de Foz.

Oito dos tripulantes foron levados polo pesqueiro ‘”A costa de Lugo” ata o peirao da fábrica de xeo de Burela, mentres que os outros dous –patrón e mecánico– necesitaron a asistencia do helicóptero ‘Pesca 2’. Todos se atopan ben de saúde.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...