InicioCentralBurelaBurela cortará o tráfico por obras a Rúa do Correo

Burela cortará o tráfico por obras a Rúa do Correo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela dará comezo este mércores, día 8 de maio, ás obras na rúa do Correo, que virán acompañadas dun corte no tráfico rodado da mesma. Trátase dunha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada antes da celebración das festas patronais do municipio.


A partir do propio mércores estará pechada a circulación na rúa, posto que haberá un corte antes da ponte da rúa Eijo Garay.


“Non podemos facer agora mesmo unha estimación de cantos días exactamente estará pechada ao tráfico a rúa, pero agardamos que sexan os menos posibles”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.


O edil sinala que “a Policía Local está xa traballando para buscar as mellores alternativas e así causar o menor impacto posible”. “Dende o Concello lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar”, conclúe Fernández Rey.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...