InicioCentralBurelaBurela comeza as obras de mellora do parque infantil do Cantiño

Burela comeza as obras de mellora do parque infantil do Cantiño

“Trátase dun parque moi empregado especialmente no verán, pero os xogos do mesmo estaban xa bastante deteriorados”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, a través da Concellería de Obras, deu comezo esta semana aos traballos de renovación dos xogos do parque infantil do Cantiño. O investimento nesta obra é de 40.000€, provinte de fondos municipais.


“Trátase dun parque moi empregado especialmente no verán, pero os xogos do mesmo estaban xa bastante deteriorados”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
Para o edil, o resultado da actuación “vai chamar a atención, posto que os novos xogos van ser moi novedosos, eu penso que os nenos e nenas de Burela van desfrutalos moito”.


“Estas obras encádranse nun plan de renovación de parques infantís, que iremos avanzando proximamente e que axiña chegará a outros puntos do municipio”, explicou Fernández Rey.
“Nos vindeiros meses vanse realizar diversas actuacións, por exemplo no parque Rosalía”, sinalou. Tamén “no parque do Campón, que actualmente non é moi utilizado pola cativada, e consideramos que as actuacións previstas van cumprir coas súas expectativas e coas dos seus pais e nais, para darlle unha maior relevancia”, engadiu.


O Concelleiro destacou que “Burela ten una poboación nova e con moitos nenos e nenas, polo que é imprescindible que os espazos de xogo estean nas mellores condicións posibles”.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...