InicioCentralBurelaBurela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras” que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición. O acto presentouse esta venres no Concello de Burela coa presencia da alcaldesa, Carmela López, o deputado provincial Iván Castro e a presidenta de “As Encaixeiras”, Paqui Romo.


O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”.


A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11:30 horas á inauguración do acto, seguida dunha degustación de empanada de merluza e dunha viaxe ó Monte Castelo e á Igrexa Vila do Medio.


Ó mediodía haberá un parón para a comida e xa pola tarde será a quenda dun sorteo de regalos ás 17:30 horas. Durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando no porto, intercambiando coñecementos entre elas e amosando a súa arte ós que se acheguen.


En paralelo a este programa tamén haberá unha exposición de mantillas bordadas e mantillas de bolillos procedentes da colección privada de Sol Teijeiro e un obradoiro de Marisa Hermida, “Creación dunha mimosa”, para un grupo de vinte persoas, previa inscrición.


“Queremos felicitar á asociación polo seu traballo para sacar adiante este encontro, todo un referente na programación sociocultural de Burela, da comarca da Mariña e de toda a provincia”, apuntaron Deputación de Lugo e Concello de Burela.


A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, insistiu en que a asociación “déixase a pel nos meses anteriores ó encontro para que todo saia ben ese día”. “Palillar é unha tradición e cultura e ese día poderemos ver os vínculos sociais que se forman en torno a este encontro”, conclúe.

ÚLTIMAS

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...