InicioOrientalRibadeoExposición 'Chicas Nuevas 24 Horas' en Ribadeo

Exposición ‘Chicas Nuevas 24 Horas’ en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Casa El Viejo Pancho acolle ata o 22 de xaneiro a exposición Chicas nuevas 24 horas, destinada a sensibilizar sobre a trata de persoas con fins de explotación sexual.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “ata o 22 de xaneiro a Casa El Viejo Pancho acolle a exposición Chicas nuevas 24 horas, unha actividade que chega a Ribadeo pola colaboración do Concello e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia”.

A edil ribadense explicou que “é unha experiencia transformadora, destinada a sensibilizar sobre a crúa realidade da trata de persoas con fins de explotación sexual. Esta exposición convídanos a mirar de fronte unha problemática que persiste nas sombras da nosa sociedade. Estas imaxes, coidadosamente seleccionadas pola directora Mabel Lozano e polo comisario Juan Nicolás, poñen de manifesto a desgarradora realidade dun negocio lucrativo, que xera máis de 32.000 millóns de dólares ao ano”.

Sanjurjo subliñou que “transcende ás palabras. Visitar a mostra é un acto concreto cara a concienciación e a prevención da trata de persoas”.

A concelleira de Cultura sinalou que “a exposición será complementada con actividades didácticas para os centros de ensino: CIFP Porta da Auga, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e colexio Sagrado Corazón, dentro do programa O Concello cos Coles. A actividade está dividida en tres partes: visita didáctica, visionado dun documental e taller”.

E engadiu que “o documental tamén o poderá ver o público xeral o 19 de xaneiro ás 20:00 horas. Para asistir é preciso comunicalo no teléfono 982 120 739”. O horario de visita á exposición é polas mañás de 11 a 13 horas e os mércores 10, o martes 16 e o mércores 17 tamén polas tarde de 16 a 19 horas.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

Presentados dous novos compoñentes da Banda de Ribadeo no Concerto das Letras Galegas

No concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrado no...