InicioSucesosO PSdeG espera a "resposta xudicial que merecen as vítimas" aos vídeos...

O PSdeG espera a “resposta xudicial que merecen as vítimas” aos vídeos con cámara oculta da Maruxaina

Os socialistas resaltan a "condena social" das gravacións que a veciñanza da Mariña amosou nunha concentración o pasado domingo

Publicada o

- Advertisement -

O PsdeG amosou este luns o seu “total apoio” ás mulleres que “foron violentadas na súa intimidade” en San Cibrao, na pasada festa da Maruxaina no 2019, cando se gravaron vídeos de mozas ouriñando na rúa que foron posteriormente pendurados en páxinas web pornográficas.

O pasado domingo, a praia do Torno de San Cibrao acolleu unha multitudinaria concentración para protestar contra o sobresemento da denuncia presentada pola Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei). O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro non apreciou “suficientemente acreditado” un delito de vulneración da intimidade destas mulleres.

A secretaria provincial e deputada autonómica do PSdeG, Patricia Otero, expuxo que “dende as nosas siglas queremos apoiar as vítimas destas agresións e amosar o noso rexeitamento a estes actos intolerables”, afirmou.

“Os socialistas da provincia de Lugo manifestamos a nosa enérxica repulsa a estes comportamentos repugnantes, que teñen como unica finalidade a denigración das mulleres. Por iso dende aquí, queremos que saiban que contan co noso total apoio. E confiamos en que finalmente estes comportamentos, que son obxecto da máis rotunda condena social, atopen tamén a resposta xudicial que merecen as vítimas”, dixo Otero.

ÚLTIMAS

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase do 13 ao 16 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira...

Concurso de pesca xuvenil en Burela para achegar esta actividade recreativa aos máis novos

Burela celebrará o vindeiro sábado 22 de agosto o I Concurso de Pesca Xuvenil,...

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Festa Normanda de Foz do 27 ao 30 de agosto

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación do caetel, obra...