InicioSucesosDetida unha banda que perpetrou 27 roubos en tres provincias, entre eles...

Detida unha banda que perpetrou 27 roubos en tres provincias, entre eles en San Cibrao, Cervo ou Foz

Os arrestados son tres mozos de arredor de 20 anos e veciños de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou no día de hoxe un grupo criminal que operaba perpetrando delitos de roubos con forza en establecementos comerciais de localidades da provincia de Lugo, Coruña e Zamora. No marco desta operación esclarecéronse 27 delitos cometidos entre os meses de agosto e outubro do pasado ano, nas seguintes localidades:
en Benavente e Torre do Val (Zamora); Culleredo (A Coruña); San Cibrao, Cervo, Foz, Outeiro de Rei, Lugo, Oural, Rubián, Escairón, Chantada e Sarria (Lugo).

Coa detención de tres integrantes da banda, duns 20 anos e veciños de Lugo, esclarécense numerosos delitos de furto de uso de vehículos a motor, roubos con forza e un roubo con violencia e intimidación en establecementos comerciais de distinta índole.

SUSTRAÍAN COCHES PARA COMETER ROUBOS

As investigacións iniciáronse tras detectar ilícitos penais en vehículos particulares e no interior de establecementos públicos.

No desenvolvemento da operación analizáronse numerosos datos coa finalidade de localizar e deter a presuntos integrantes da banda, establecendo como nexo en común á hora de cometer os feitos delituosos a localización e sustracción de turismos do mesmo grupo automobilístico, utilizándoos aos poucos minutos para cometer roubos con forza en establecementos públicos, sendo o seu principal obxectivo o efectivo existente nas máquinas tragaperras, rexistradoras e ata décimos de lotería.

DIFICULTABAN A RECOLLIDA DE PROBAS ENCHENDO OS VEHÍCULOS DE TERRA

Trala comisión destes delitos, desfacíanse do vehículo subtraído, enchéndoo de terra en aras de evitar calquera resto de mostras biolóxicas.

Tras subtraer os turismos fracturaban o sistema de peche e arranque, valéndose deles para o seu traslado ao lugar da comisión do ilícito e posterior transporte do botín obtido. Nos asentos dos vehículos subtraídos unha vez recuperados, observábase en ocasións unha masa branda e compacta (terra) e noutras restos de tecido brando de cor verde ou marrón (herbas), igualmente no salpicadoiro un orificio xerado con obxecto punzante ou similar (desaparafusador), posiblemente practicado para introducir temporalmente o desaparafusador ou obxecto similar utilizado para efectuar o arranque do vehículo e non ser esquecido unha vez abandonado.

As accións descritas estaban realizas coa fin de dificultar a recollida de indicios que os relacionen cos feitos delituosos cometidos (mostras biolóxicas e trazas), e se poidese obter calquera indicio que os relacione cos ilícitos penais.

A actividade delituosa é o suposto modus vivendi do grupo, non detectando ao longo das investigacións outra fonte de ingreso que a xerada da actividade delituosa.

NON SE DESCARTAN NOVAS DETENCIÓNS

Á hora de cometer os ilícitos, ademais de tapar a súa faciana con capuchas utilizaban máscaras, o cal dificultaba a súa identificación. O principal ‘líder’ trasladouse a Francia. Foi detido tan axiña como regresou a esta provincia para asistir a un xuízo por outros feitos delituosos que se lle imputan. A operación continúa aberta, non descartando novas detencións. As persoas detidas serán postas a disposición xudicial o día 16 de marzo do actual.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...