InicioSucesosPiden cinco anos para un veciño de Foz interceptado na A-6 con...

Piden cinco anos para un veciño de Foz interceptado na A-6 con case 150 gramos de cocaína

A droga ía escondida no motor, concretamente na estancia destinada á recollida de augas do parabrisas

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía pide unha pena de prisión de cinco anos, ademais dunha multa de 70.329 euros, para o veciño de Foz que foi interceptado na A-6 con preto de 150 gramos de cocaína, nun operativo preventivo. A Garda Civil relacionou daquela esta detención coa operación antidroga Furco, que supuxo varios arrestos na Mariña Lucense.

Segundo o escrito de acusación, o pasado 22 de setembro, os axentes da Garda Civil que se atopaban realizando dispositivo operativo preventivo na vía pública, na autovía A-6, deron o alto ao vehículo no cal viaxaba só o acusado, sen antecedentes penais. Tras un rexistro exhaustivo do coche, poideron localizar escondida no motor, concretamente na estancia destinada á recollida de augas do parabrisas, nun envoltorio transparente e hermético unha substancia branca, que  supostamente o acusado ía destinar á venda para o seu posterior consumo por terceiros.

Trala análise correspondente, a substancia resultou ser cocaína, nunha cantidade neta de 146,59 gramos e cunha riqueza do 51,4%. A súa valoración no mercado ilícito, expón o Ministerio Fiscal, roza os 23.500 euros. Deste xeito, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 acordou no seu parte a prisión comunicada e sen fianza do acusado, actualmente no cárcere.

O Fiscal considera que os feitos son constitutivos dun delito contra a saúde pública, de aí a petición de cinco anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante a condena privativa de liberdade, e a sanción económica solicitada.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...