InicioSucesosCatro detidos, tres deles en prisión, trala desarticulación dunha rede de narcotráfico...

Catro detidos, tres deles en prisión, trala desarticulación dunha rede de narcotráfico na Mariña

Tras rexistros en Foz e Barreiros intervíronse máis de 250 gramos de cocaína, útiles para o corte e adulteración da mesma, miles de euros, vehículos e armas, algunha manipulada para lume

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación Furco, desarticulou unha rede de tráfico de drogas, integrada na súa maioría por cidadáns residentes na Mariña Lucense, segundo expón o Instituto Armado a través dun comunicado. Detívose a catro persoas en distintas actuacións, das cales tres ingresaron en prisión. Practicáronse catro rexistros, tres na localidade de Foz e un en Barreiros.

Ademais, interveuse unha cantidade superior aos douscentos cincuenta gramos de cocaína e útiles para o corte e adulteración da mesma, varios miles de euros, vehículos e armas (algunha delas manipulada para lume real). Dirixiu a investigación o Xulgado de Instrución nº 1 de Viveiro.

A DISTRIBUCIÓN REALIZÁBASE EN PRAZAS E ÁREAS RECREATIVAS, O QUE XEROU “ALARMA SOCIAL”

A operación iniciouse a raíz da análise de movementos de persoas vinculadas á distribución de estupefacientes durante o estado de alarma da Covid-19, nos que se detectou que se saltaban as ordes de confinamento sen razóns nin causas xustificativas para a súa saída, intensificando a súa actividade ilícita no momento da desescalada.

Os axentes comprobaron como a distribución realizábase en lugares próximos a centros de menores, áreas recreativas e prazas concorridas, o que xeraba certa alarma social nas zonas de influencia.

Tras varios meses de investigación, logrouse identificar e deter aos principais integrantes da rede, sendo privados dos beneficios do tráfico ilícito.

A primeira detención realizouse o pasado mes de xullo na localidade de Foz, sendo unha veciña desta mesma localidade, de 56 anos de idade, á que se interveu certa cantidade de estupefaciente e unha báscula de precisión que portaba no momento da detención.

O pasado martes, na fase de explotación procedeuse á detención de J.J.I.M, de 54 anos de idade e N.S.G. de 20 anos, ambos veciños de Foz e residentes temporais nunha vivenda sita en Barreiros.

A OPERACIÓN SEGUE ABERTA E NON SE DESCARTAN NOVAS DETENCIÓNS

Foi precisamente nesta vivenda, utilizada como lugar de seguridade, foi onde os axentes acharon con axuda do Servizo Cinológico da Garda Civil de Pontevedra unhas 420 doses de supostos estupefacientes, así como útiles para a pesaxe e adulteración da droga.

Nun último rexistro efectuado xa na localidade de Foz acháronse distintas armas prohibidas e algunha delas manipulada para disparar munición de lume, polo que ademais impútaselle a J.J.I.M. un delito de tenencia ilícita de armas.

A Benemérita tamén informa de que, de forma paralela, nun operativo de estrada instalado na autovía A-6 os axentes detiveron a outro individuo de 39 anos residente en Foz que circulaba no seu vehículo cunha cantidade próxima aos 160 gramos de cocaína.

Tres do catro detidos ingresaron tras ser postos a disposición xudicial, segundo detalla a Garda Civil, que non descarta novos arrestos no marco dunha operación que continúa aberta.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...