InicioSucesosCortes de tráfico e rebordamentos de ríos na Mariña por mor da...

Cortes de tráfico e rebordamentos de ríos na Mariña por mor da chuvia

A estrada que dá acceso ás praias de Barreiros permanece cortada pola acumulación de auga; en Foz o Centiño sobrepasou o seu caudal

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña segue en alerta laranxa por chuvias desde a madrugada deste mércores. As copiosas precipitacións están a deixar un regueiro de incidencias por toda a comarca. Entre elas, o corte de tráfico da estrada da costa, a que bordea as praias de Barreiros, á altura do Rego de San Miguel de Reinante. O Concello pediu aos usuarios desta vía a través das redes sociais que utilicen rutas alternativas ante a acumulación de auga, que imposibilita o tránsito rodado.

⚠️ AVISO!🚗 A estrada da costa atópase neste momento cortada ao tráfico debido a inundacións na zona do rego de San Miguel.‼️ Se tiñades previsto utilizala, usade unha ruta alternativa.

Publicada por Concello de Barreiros en Miércoles, 12 de agosto de 2020

Segundo informou a Policía Local de Burela, as chuvias deixaron bolsas de auga tanto na entrada da vila, á altura da nave Mecanizados Garsán, como na glorieta de acceso á zona portuaria, sen necesidade de realizar cortes de tráfico.

En Foz, de acordo cos axentes, houbo varias incidencias cos sumidoiros, que colapsaron provocando pequenas inundacións e danos nalgunhas zonas, así como avisos por rebordamentos dun canal na área de BarrosaCabanas, e do río Centiño en San Martiño. Cortouse ao tráfico a Avenida da Ribeira na zona de Porto Chico, desde primeira hora da mañá e así permanecerá ata que se desactive a alerta laranxa, sobre as tres da tarde.

En Ribadeo rexistráronse pequenas incidencias nalgunhas vías, como a estrada do monte, ou na glorieta de entrada a Ribadeo, así como nunha zona do polígono industrial e na LU-P-5207, pasando Santa Cruz. En todos os casos bastou con limitar a velocidade, sen necesidade de restrinxir o tráfico, para solucionar estas dificultades.

VALORES IMPORTANTES

Aínda que os valores de precipitacións na Mariña Lucense estiveron por debaixo dos máximos en Galicia, con ata 92 litros por metro cadrado en Guísamo, a estatística de Meteogalicia deixa datos importantes.

Nas últimas doce horas, desde as 2.00 da madrugada, a estación de Penedo do Galo (Viveiro) recibiu 67 litros por metro cadrado, por 56,2 do punto de Burela, ou 51,6 da área Pedro Murias, en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...