InicioSucesosA Audiencia de Lugo reabre o caso da turista falecida nas Catedrais

A Audiencia de Lugo reabre o caso da turista falecida nas Catedrais

O tribunal considera que "faltan datos" para "adoptar decisións" e insta a retomar a investigación coa declaración dos dous vixiantes da praia

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo resolveu reabrir o caso da turista vallisoletana de 24 anos Irene Baladrón, que faleceu o pasado 31 de marzo na praia das Catedrais ao recibir mentres paseaba o impacto dunha rocha na cabeza.

No pasado mes de xuño, o Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo desestimou o recurso de forma interposto pola familia da moza, e confirmou o arquivo da causa ao interpretar que non había indicios de criminalidade e que o falecemento foi accidental.

Sen embargo, a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo advirte de que “antes de adoptar calquera decisión que poña fin á investigación, resulta prudente concretar determinados datos”. Así, o tribunal insta a declarar, “en calidade de investigados”, aos dous vixiantes da praia para averiguar os lugares e horas concretas ás que se produciron os desprendementos de rochas e cando se produciron os avisos”.

A FAMILIA CULPA ÁS ADMINISTRACIÓNS

A familia da falecida insiste na responsabilidade das administracións ao xulgar que as autoridades eran sabedoras de que o escenario no que se produciu o accidente presentaba un problema de inestabilidade nas súas estruturas xeolóxicas, e aínda así decidiron manter aberto o areal.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...