InicioSucesosExcarcerado un home en Santa Cilla tras unha saída de vía

Excarcerado un home en Santa Cilla tras unha saída de vía

Ocorreu na contorna da igrexa e o ferido foi trasladado ao Hospital da Costa

Publicada o

- Advertisement -

Un home resultou ferido na mañá deste domingo en Foz ao saírse da vía o turismo no que circulaba, que finalizou envorcado. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Barreiros.

O accidente tivo lugar nas proximidades da igrexa de Santa Cecilia, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, ao redor das 9.20 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia comunicou o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, á Garda Civil e a Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi trasladado en ambulancia a un centro médico.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...