InicioSucesosAgredido o persoal da ambulancia medicalizada de Foz mentres se atopaba nunha...

Agredido o persoal da ambulancia medicalizada de Foz mentres se atopaba nunha asistencia

A enfermeira e o técnico de emerxencias sanitarias (TES) do servizo precisaron asistencia médica tras recibir dunha muller patadas na cara, no peito e nun ombreiro

Publicada o

- Advertisement -

O persoal da ambulancia medicalizada do 061 con base en Foz sufriu a pasada noite unha agresión mentres se atopaban realizando unha asistencia sanitaria na mesma vila, na rúa Corporacións Municipais arredor das 22.00 horas. Como consecuencia, dous membros do equipo, a enfermeira e o técnico de emerxencias sanitarias (TES), precisaron acudir ao Hospital Público da Mariña polas lesións ocasionadas.

Segundo contou un dos afectados, o equipo foi alertado para asistir a unha persoa que se atopaba alterada na rúa, para o que, segundo lles indicaron, tamén se mobilizou unha patrulla da Garda Civil como apoio.

DECIDIRON INTERVIR DE URXENCIA

Á súa chegada á zona, e malia que aínda non chegaran os axentes, o equipo non quixo demorar a súa intervención e dirixiuse a asistir á muller. “Camiñaba con pouca estabilidade, con risco de facerse dano, e estaba moi agresiva”, explica o persoal.

A muller estaba soa e levaba “toda a tarde increpando aos veciños da zona”. Deste xeito, esta persoa “insultounos e escupiunos” en varias ocasións, sinala o sanitario afectado.

Posteriormente, e mentres a enfermeira tentaba tranquilizala administrarlle medicación, a sanitaria recibiu sorpresivamente “unha patada na cara“, contou un afectado, que “a desprazou varios metros cara atrás e quedou aturdida“. O TES acudiu a auxiliar á súa compañeira, momento no que el tamén foi agredido con varias couces no peito e nun ombreiro.

A SUPOSTA AGRESORA FOI DETIDA

Ante a agresividade da muller, que seguiu golpeándoos, o equipo sanitario pediu “auxilio” á central “ata en tres ocasións“. Os axentes, apunta unha das vítimas, chegaron “15 minutos despois“.

Tras tombar á muller para “evitar que se fixese dano” e conseguir sedala, os agredidos precisaron tamén asistencia hospitalaria. Segundo contou un dos afectados, foi necesaria unha exploración e probas médicas por lesións na cara, o peito, o estómago e un ombreiro. Ambos interpuxeron denuncia polo ocorrido e, afirmaron, a agresora foi detida á espera de que se practiquen dilixencias.

O RECORTE DUN TES NO SERVIZO “INFLUÍU NEGATIVAMENTE”

O sanitario afectado, á espera da citación para prestar declaración, explica que “neste tipo de situacións” os profesionais notan o recorte dun TES na ambulancia medicalizada, “porque non é o mesmo contar cunha dotación completa, non podemos facer o mesmo. Influíu moi negativamente, está claro, e tampouco poidemos contar co vehículo asistencial básico de Foz porque acababa de pechar“.

A fonte consultada explica que, a pesar das molestias físicas, con dores e limitacións do movemento a causa dos hematomas, a afectación foi máis “psicolóxica“, porque considera que “esto é un antes e un despois e nunca vivimos nada así. Volves traballar con certo recelo”, lamenta.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...