InicioSucesosAtopan morta na praia da Caosa a unha muller residente en San...

Atopan morta na praia da Caosa a unha muller residente en San Cibrao

Os socorristas do areal do Torno sacaron da auga o corpo da dona, que estaba vestida e calzada

Publicada o

- Advertisement -

O cadáver dunha muller residente en San Cibrao, D. O. S., de 72 anos, apareceu este martes no mar preto da praia da Caosa, nesta localidade do concello de Cervo.

Un particular chamou ás 14.10 horas ao 112 Galicia e advertiu de que había un corpo flotando nas inmediacións da praia. O servizo de emerxencias mobilizou á Garda Civil, a Salvamento Marítimo e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo. Os socorristas do areal do Torno e o responsable do GES cervense sacaron o cadáver da auga. A muller estaba vestida e calzada.

A falecida, que vivía nunha rúa cercana á praia onde foi atopada, era unha usuaria habitual do centro de día inaugurado no pasado mes de xullo na zona da Veiga. Non padecía incapacidade, polo que facía uso do servizo con autonomía e o persoal do xeriátrico non se extrañou de que faltara comer este martes, o que xa sucedera noutras ocasións.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...