InicioSucesosPiden seis anos de prisión por abusar da súa sobriña menor en...

Piden seis anos de prisión por abusar da súa sobriña menor en Viveiro

A Fiscalía considera probado un delito de abuso sexual continuado e solicita para o acusado unha orde de afastamento durante 16 anos

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere para un home que abusou sexualmente de xeito continuado da súa sobriña sendo esta menor de idade e aproveitando os períodos de descanso que pasaba visitando en Viveiro á familia da nena.

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para o día 16 de maio, o mércores que vén, o xuízo contra este home, para o que o Ministerio Fiscal pide tamén unha orde de afastamento da vítima durante 16 anos, e unha indemnización de 18.000 euros, así como que abone os gastos sanitarios derivados da súa asistencia, cifrados en 361,59 euros.

Os feitos ocorreron entre mediados do ano 2016 e abril do 2017, cando o acusado, “guiado polos seus máis baixos e denostados instintos sexuais” e “sendo plenamente consciente do alcance dos seus actos”, abusou sexualmente da menor durante os lapsos de tempo nos que visitaba á súa familia en Viveiro.

Segundo o escrito presentado pola Fiscalía, o home someteu á sua sobriña a “prácticas de contido e significado inequivocamente sexual”, nas que “facía obxecto de toda sorte de tocamentos para así poder satisfacer os seus instintos sexuais”.

A NENA NON DIXO NADA “POR MEDO”

“O acusado aproveitaba a realizar (os tocamentos) con renovadas intencións lascivas cada vez que quedaban sós na casa durante o tempo que alí permanecía, e (estes) aconteceron en repetidas ocasións, ata o mes de abril do pasado ano 2017, no que se tivo coñecemento dos actos atentatorios contra a indemnidade sexual da menor”, reflicte o documento, que subliña que a nena non dixo nada sobre a situación que estaba a padecer “por medo”.

Por iso, a Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de abuso sexual continuado a unha menor de 16 anos e pide para o home unha condena de seis anos de prisión, así como unha orde de afastamento da súa sobriña de 200 metros durante 16 anos, con imposibilidade de comunicarse. Tamén deberá indemnizala.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...