InicioSucesosUnha burelá, detida por portar unha pistola e saltarse o confinamento malia...

Unha burelá, detida por portar unha pistola e saltarse o confinamento malia convivir cun positivo

A persoa arrestada, de 26 anos, foi interceptada en Xove, a varios quilómetros do seu domicilio, onde discutía con outra muller

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil informou a través dun comunicado de que detivo ás 16.00 horas do pasado día 20 de abril, na localidade lucense de Xove, a unha veciña de Burela (Lugo) de 26 anos de idade como suposta autora dun delito de tenencia ilícita de armas.

No transcurso dunha discusión entre dúas mulleres, segundo concretou o Instituto Armado na nota, observouse que unha delas estaba en posesión dunha arma curta. Deste xeito, interviuse unha pistola co número de serie borrado.

A persoa detida tiña a obriga de permanecer no seu domicilio coa prohibición médica expresa de saír do mesmo desde o pasado día oito do actual, dado que se atopaba en confinamento médico por convivir cun caso positivo de coronavirus.

Separadamente de trasladarse a outra localidade situada a varios quilómetros do seu domicilio e ser detida tras unha discusión con outra persoa tendo no seu poder unha pistola, tense testemuño directo sobre a saída a un supermercado da localidade de residencia sen portar máscara (necesaria para pacientes positivos e convivientes). A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...