InicioSucesosDous feridos nunha colisión entre motos de auga na contorna da Rapadoira

Dous feridos nunha colisión entre motos de auga na contorna da Rapadoira

As dúas persoas afectadas foron evacuadas polos socorristas de Foz cara a praia de Altar

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas na tarde do sábado tras chocar as motos de auga que conducían na contorna da praia da Rapadoira. Segundo o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 17.30 horas.

Despois de recibir o aviso por parte dun particular, o 112 Galicia púxose en contacto cos socorristas da praia. Ademais, advertiu ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias.

Os socorristas de Foz confirmaron o rescate das dúas persoas e a súa evacuación até a praia de Altar, para ser trasladados en ambulancias polo persoal sanitario. As motos de auga foron retiradas por amigos dos feridos.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...