InicioSucesosFerido un traballador ao caer dunha altura de dous metros cando podaba...

Ferido un traballador ao caer dunha altura de dous metros cando podaba en Vilamor, Mondoñedo

A vítima foi trasladada ao centro de saúde mindoniense, segundo informaron fontes de Protección Civil

Publicada o

- Advertisement -

Un traballador resultou ferido ao caer na tarde deste xoves dunha altura aproximada de dous metros cando estaba a realizar unha poda no lugar de Vilamor, no municipio de Mondoñedo.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 18.10 horas, momento no que o servizo recibiu aviso por parte doutro operario.

O obreiro recibiu o impacto da pola que estaba a cortar ao caer ao chan. Tras recibir unha primeira atención por parte de profesionais de Urxencias Sanitarias do 061 Galicia, a vítima foi trasladada ao centro de saúde de Mondoñedo, segundo informaron fontes de Protección Civil mindoniense.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...