InicioSucesosUn cura de Viveiro chama "porcas" ás feministas e "imbéciles" aos votantes...

Un cura de Viveiro chama “porcas” ás feministas e “imbéciles” aos votantes do BNG

Francisco Rafael Gómez-Canoura rectificou tras escribir: "as violadoras sodes vós que tentades forzar as nosas conciencias"

Publicada o

- Advertisement -

Un cura natural de Viveiro, que exerce en varias parroquias do municipio coruñés de Zas, Franciso Rafael Gómez-Canourachamou “manada de porcas” ás feministas na súa conta de Twitter nunha mensaxe que foi borrada pero cuxas capturas circulan polas redes sociais. Ademais, tamén cualificou de “imbéciles” aos votantes do BNG despois de que o deputado nacionalista Néstor Rego non participase na rolda de consultas do rei Felipe VI.

“Por que teño eu que soportar que unha manda de porcas me digan ‘O violador es ti‘? As violadoras sodes vós que tentades forzar as nosas conciencias“, publicou o pasado 12 de decembro na súa conta de Twitter o párroco, que decidiu ‘resetear’ o seu perfil na rede social.

Ese mesmo día, o cura tamén tuiteou sobre a rolda de consultas do rei Felipe VI para a investidura no Estado: “Eu son moi monárquico, máis que ningún de vós, moito máis. Pero o Rei é idiota ao designar ao Dr. Sánchez. Vai na súa contra”.

Sobre este último tema, o cura escribiu: “A deputada do BNG pola Coruña (sic) di que non se reúne co Rei porque non é unha figura democrática… Os que a votastes xa sabedes que sodes gilipollas ou queredes máis explicación?”.

PEDIU DISCULPAS

O párroco emitiu este martes un comunicado no que pide desculpas “aos que se sintan ofendidos” por un tuit que cualificou de “inapropiado e desafortunado“. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...