InicioSucesosDetida con haxix e cocaína a encargada dun local de hostalería de...

Detida con haxix e cocaína a encargada dun local de hostalería de Ribadeo

A muller, de 42 anos de idade, foi posta a disposición xudicial como presunta autora dun delito contra a saúde pública

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo á encargada dun local de hostalería do municipio de Ribadeo á que interviu doses de haxix e cocaína.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 1.45 horas deste venres foi detida unha veciña de Ribadeo de 42 anos de idade como presunta autora dun delito contra a saúde pública.

Os feitos tiveron lugar cando, nunha inspección de seguridade cidadá, os axentes da Benemérita observaron como a encargada do local de hostalería tiña no seu poder varias landras de haxix cun peso de 33 gramos, así como varios envoltorios cunha sustancia, supostamente cocaína, con 55 gramos.

UNHA BÁSCULA DE PRECISIÓN E 300 EUROS

No marco desta detención interviuse, así mesmo, unha báscula de precisión e 300 euros en billetes fraccionados. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...