InicioSucesosQueiman de madrugada dous coches aparcados en Vegadeo, sen persoas feridas

Queiman de madrugada dous coches aparcados en Vegadeo, sen persoas feridas

Os vehículos estaban estacionados na rúa Osorio da Veiga, á altura número 3, e o primeiro deles comezou a arder a arredor das seis da mañá

Publicada o

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros do Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SEPA), con base no parque de Castropol, extinguiu un incendio declarado nun vehículo estacionado na rúa Antonio Osorio, á altura do número 3, en Vegadeo, e que afectou a dous coches aparcados nese vial. Non houbo persoas feridas.

O lume calcinou dous turismos, sen que ningunha persoa resultase afectada. A extinción levouse a cabo cunha liña de escuma.

O Centro de Coordinación de Emerxencias do 112 Asturias recibiu o aviso ás 06.01 horas. Na chamada indicábase que se estaba a queimar un coche aparcado na rúa e que había outros vehículos preto.

OS BOMBEIROS LIBRARON A UN TERCEIRO VEHÍCULO

A sala 112 do SEPA mobilizou unha dotación de bombeiros do parque de Barres que se trasladou ao lugar con dúas autobombas. Ás 6.32 horas os bombeiros deron por extinguido o lume. Sinalaron que afectara a dous coches, e que había un terceiro no lugar que acadaron retirar a tempo.

A dotación permaneceu no lugar realizando tarefas de arrefriamento, ata as 7.20 horas, tempo no que se retiraron para regresar á base. O incidente púxose en coñecemento da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...