InicioSucesosUn traballador de Alcoa, trasladado á Coruña en estado grave tras sufrir...

Un traballador de Alcoa, trasladado á Coruña en estado grave tras sufrir queimaduras en alúmina

Veciño de Viveiro e operario de Reymogasa, exercía no departamento de dixestión e foi trasladado primeiro ao Hospital Público da Mariña e posteriormente á cidade herculina

Publicada o

- Advertisement -

A. T., un traballador de Reymogasa veciño de Viveiro, resultou ferido de gravidade ao padecer queimaduras mentres operaba na planta de alúmina do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.

Segundo explicaron fontes da multinacional, o accidente laboral ocorreu sobre as 14.00 horas, cando o empregado exercía no departamento de dixestión.

O plan de emerxencia púxose en marcha de inmediato, explicaron desde a multinacional, e o traballador foi trasladado ao Hospital Público da Mariña. Finalmente, foi evacuado á unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

As mesmas fontes sinalaron que en principio a vida da vítima non corre perigo, aínda que o seu prognóstico é reservado. Segundo confirmou Alcoa, no incidente viuse implicado alomenos outro traballador, que tamén sufriu queimaduras aínda que neste caso as feridas “non requeriron de tratamento”.

Alcoa, que lamentou o ocorrido, anunciou a apertura dunha investigación que comezará este martes con toda seguridade. Este luns detívose a actividade da planta durante varias horas nas que se viviu nerviosismo e preocupación polo estado de saúde do traballador ferido.

DEPARTAMENTO DE RISCO

O departamento de dixestión trátase dunha das zonas da planta de Cervo de maior perigosidade, xa que conta con válvulas que despiden vapor a altas temperaturas. No 2017 producíronse dous incidentes case consecutivos; nun deles un traballador padeceu queimaduras por este mesmo motivo e dous días despois outro obreiro rompeu as costelas por mor dunha caída.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...