InicioSucesosFalece un pescador monfortino localizado no mar en Portocelo

Falece un pescador monfortino localizado no mar en Portocelo

Salvamento Marítimo trasladou a terra ao home, de orixe coreana, pero os servizos sanitarios non conseguiron reanimalo

Publicada o

- Advertisement -

Salvamento Marítimo trasladou a terra a un pescador, que foi localizado na auga na zona de Portocelo, en Xove, e que faleceu a pesar dos intentos dos servizos sanitarios por reanimalo, segundo indicaron fontes do 112.

Salvamento indicou que se recibiu a alerta a través do servizo de Emerxencias do 112 Galicia, co que se puxo en contacto un particular, para informar de que había un pescador na auga.

Até o lugar desprazouse a lancha de salvamento Saturno e o helicóptero Pesca II, que comprobaron que había unha persoa flotando na auga. Tras proceder ao seu rescate, o home foi trasladado á terra, onde foi atendido por efectivos sanitarios do 061.

A pesar dos intentos por reanimalo, o home faleceu, segundo informaron fontes do 112, que indicaron que se trata dunha persoa de orixe coreana e veciño da localidade de Monforte.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...