InicioSucesosUn incendio calcina unha casa en Figueirúa, A Pontenova

Un incendio calcina unha casa en Figueirúa, A Pontenova

Os donos da vivenda, de madeira e en bo estado, residen en Barcelona e non estaban pola zona

Publicada o

- Advertisement -

Un incendio calcinou o pasado sábado unha casa baleira na aldea de Figueirúa, na Pontenova. O lume orixinouse arredor das nove da noite e arrasou por completo a vivenda nuns minutos.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) pontenovés non puido facer nada por salvar o inmoble, de madeira e en bo estado de conservación. Si conseguiu evitar que o lume alcanzara outras vivendas cercanas, coa axuda dos membros do parque de bombeiros de Barreiros.

O incendio, en principio, non tivo que ver coa celebración do San Xoán e puido deberse a un curtocircuíto. Os propietarios, residentes en Barcelona, non estaban pola zona.

18 INCIDENCIAS EN LUGO

O 112 rexistrou un total de 18 incidencias na provincia de Lugo durante a noite de San Xoán. Outras 20 producíronse en Ourense, 92 na Coruña e 87 en Pontevedra.

As chamadas estiveron causadas por fogueiras descontroladas ou sen autorización, solicitude de asistencia médica por inxesta de alcol e o requirimento das forzas da orde por mor de pelexas e vandalismo.

ÚLTIMAS

Foz acende este xoves 5 de decembro o alumeado de Nadal

O Concello de Foz ten preparadas moitas actividades e sorpresas para este Nadal, que...

Ribadeo comeza as obras de mellora da Estrada da Costa

Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento...

Lucía Freitas, galardaoada co Primeiro Premio Merlín polo proxecto “Amas da Terra”

A cociñeira Lucía Freitas é a gañadora da primeira edición do Premio Merlín polo...

Comezan as obras de mellora do punto limpo de Viveiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que xa comezaron as obras de...