InicioSucesosO gandeiro de Ribadeo acusado de tentar matar a unha veterinaria alega...

O gandeiro de Ribadeo acusado de tentar matar a unha veterinaria alega depresión: “estaba mal”

O ministerio fiscal solicita cinco anos de cárcere e oito a acusación particular

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un gandeiro do municipio de Ribadeo xulgado este luns na Audiencia Provincial de Lugo por un suposto delito de tentativa de homicidio a unha veterinaria que se achegou á súa explotación para realizar o control rutinario de calidade do leite declarou na vista que ese día “estaba mal”.

Así, o acusado recoñeceu que puido haber cometido parte dos feitos que se lle imputan, pero tamén que o fixo “de forma inconsciente“, porque aquel día “estaba mal“.

Os feitos aconceteron en xaneiro do 2017, a primeira hora da mañá na parroquia ribadense de Vilaosende, onde o acusado rexentaba unha explotación de leite cunhas 40 vacas.

De acordo co escrito de acusación do Ministerio Fiscal, ao chegar a veterinaria, o acusado abalanzouse sobre ela “co propósito de acabar coa súa vida“, tirouna ao chan e “agarrándoa fortemente do pescozo tentou afogala”.

Foi a intervención do irmán do acusado a que, ao parecer, puxo fin á agresión. No momento da mesma, segundo fixo constar o ministerio público no propio escrito de acusación, o procesado estaba pasando “por un episodio depresivo” que contribuíu a “afectar ás súas capacidades cognitiva e volitiva“.

PERITOS

Tamén prestaron declaración no xuízo peritos forenses, quenes recoñeceron que un “episodio depresivo grave” como o que padecía o acusado no momento dos feitos podía derivar en comportamentos agresivos como o que protagonizou en xaneiro de 2017 na súa explotación. O ministerio fiscal solicita cinco anos de cárcere e oito a acusación particular.

A VÍTIMA: “TEMÍN POLA MIÑA VIDA”

Pola súa banda, a víctima afirmou no xuízo que chegou a temer pola súa vida, porque o acusado, segundo a testemuña, botóuselle enriba, tapoulle a boca, o nariz e tiroulle do pelo, ademais de recoñecer que a intervención do irmán do procesado foi chave para que parase a agresión e poder marchar do lugar.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...