InicioSucesosCandia insiste en que o traballador "desobedeceu ordes" e un protocolo para...

Candia insiste en que o traballador “desobedeceu ordes” e un protocolo para os animais abandoados

Trala denuncia da morte violenta dunha gaivota que apareceu mancada nunha á, o goberno local abriu expediente disciplinario a un obreiro que supostamente mallou ao animal

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, afirmou este venres que o traballador que supostamente matou a paus a unha gaivota ferida no municipio mindoniense “desobedeceu as ordes que se lle deron“, que eran recoller ao animal para trasladalo a un centro de recuperación, de aí que o goberno local abrise ao obreiro un expediente disciplinario.

“Temos perfectamente artellado” o protocolo para responder “cando aparecen animais abandoados dentro do noso concello, sexan domésticos ou doutro tipo”, sostivo a rexedora, “pero un traballador desobedeceu as instruccións que se lle deron ao respecto”.

Por iso, por parte “da Policía Local, que foi quen recepcionou a chamada da persoa que viu por primeira vez ao animal, que estaba lastimado nunha á“, fíxose “un atestado” que “está xa depositado no Xulgado“, despois de recibir o asesoramento da Fiscalía.

Por parte do Concello, “en aplicación do noso convenio colectivo” e de acordo coas circunstancias, porque “o traballador tiña unhas indicacións e polas razóns que el explicará non cursou, tamén se iniciou un expediente disciplinario”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...