InicioSucesosEvacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Segundo confirmou Adif, o tránsito ferroviario entre Ortigueira e Viveiro, que permanecera afectado pola presenza do obxecto na liña, quedou totalmente restablecido tras retirar o elemento estraño da vía.

Publicada o

- Advertisement -

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de que o tren no que viaxaban se vira obrigado a deter a marcha no interior dun túnel situado na parroquia de Mogor, no concello coruñés de Mañón. A presenza duna chapa metálica sobre os raís impediu que o ferrocarril puidese continuar co seu traxecto habitual.

A alerta saltou durante a noite do 8 de outubro, momento no que se mobilizou un dispositivo de emerxencias para atender a incidencia. Malia que ningún dos ocupantes sufriu danos nin necesitou asistencia sanitaria, requiriuse a intervención das forzas de seguridade e servizos de rescate para axudar a evacuar os pasaxeiros do interior do convoi de xeito seguro.

No operativo participaron efectivos da Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e voluntarios de Protección Civil de Mañón. Unha vez rescatados, os viaxeiros foron trasladados noutro tren ata o apeadoiro máis próximo, dende onde puideron completar a súa viaxe en taxi.

Segundo confirmou Adif, o tránsito ferroviario entre Ortigueira e Viveiro, que permanecera afectado pola presenza do obxecto na liña, quedou totalmente restablecido tras retirar o elemento estraño da vía.

ÚLTIMAS

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...

Melloras no centro de día residencia en Cervo por case 50.000 euros

  O Concello de Cervo iniciou unha nova actuación de acondicionamento e renovación interior no...