InicioSucesosMoi grave na UCI o único supervivente do accidente da A-8 en...

Moi grave na UCI o único supervivente do accidente da A-8 en Ribadeo no que morreron os seus pais e a súa irmá

O vehículo saíu da vía e bateu contra o pilar dun viaduto á altura do quilómetro 513; o ferido foi evacuado en helicóptero ao HULA.

Publicada o

- Advertisement -

O home que resultou ferido este luns nun accidente de tráfico na autovía A-8, ao seu paso pola localidade lucense de Ribadeo, no que faleceron os seus pais e a súa irmá, permanece moi grave na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). O sinistro produciuse poucos minutos antes das 12.00 horas, á altura do quilómetro 513 da A-8, en dirección Oviedo, e a vía permaneceu cortada mentres o operativo de emerxencias traballaba na zona.

Tal e como llo trasladaron as persoas que contactaron co 112 Galicia, o vehículo saíu da vía e bateu contra o pilar dun viaduto. Os servizos de emerxencias desprazados ao punto confirmaron o falecemento das tres persoas, mentres que o 061 trasladou outra en helicóptero medicalizado ao HULA.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...