InicioSucesosDúas persoas feridas tras envorcar un coche en Barreiros e quedar atrapadas...

Dúas persoas feridas tras envorcar un coche en Barreiros e quedar atrapadas no interior

Os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberalas antes de seren trasladadas ao hospital.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este mércores tras saírse da vía no municipio lucense de Barreiros. Ambas tiveron que ser liberadas. Segundo informou o 112, ás 21.25 horas do mércores, o 112 recibiu un aviso do 061, no que se informaba dunha saída de vía en San Cosme de Barreiros. Segundo a información facilitada, o vehículo envorcara e podería haber persoas atrapadas no interior.

Así, deuse aviso aos Bombeiros de Barreiros e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez finalizada a intervención, os Bombeiros comunicaron que fora necesario empregar o material de excarceración para liberar as dúas persoas que viaxaban no interior do vehículo. Finalmente, ambas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...