A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados nunha furgoneta en Xove e carecían de etiquetaxe e documentación comercial.
Segundo indicou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos producíronse nun servizo de control, cando os axentes inspeccionaron unha furgoneta de transporte de produtos pesqueiros.
Durante a inspección da mercadoría transportada e da documentación, os axentes comprobaron a ausencia de etiquetaxe en diversas especies, así como a correspondente documentación comercial que acreditase a súa rastrexabilidade e procedencia.
Ante isto, os axentes incautaron 45 quilogramos de breca, xurelo e sargo. Os produtos intervidos foron trasladados ao centro Aspanane de Viveiro, onde quedaron depositados para a súa correspondente xestión.
