InicioSucesosIdentifican cinco veciños de Madrid que realizaron varios furtos na Mariña lucense...

Identifican cinco veciños de Madrid que realizaron varios furtos na Mariña lucense co método de ‘la siembra’

O pasado decembro denunciouse un primeiro feito na localidade de Burela. Posteriormente, este mes rexistráronse outro tres delitos similares en aparcadoiros de supermercados de Burela, Foz e Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil identificou a cinco veciños de Madrid como presuntos autores de varios delitos de furto cometidos na Mariña lucense mediante o método coñecido como ‘la siembra’.

Segundo informa a Benemérita, os feitos remóntanse ao pasado mes de decembro, cando se detectaron varias persoas que se desprazaban desde Madrid ás provincias de Lugo e da Coruña, onde actuaban de forma itinerante en aparcadoiros de establecementos comerciais.

“O modus operandi consistía na actuación coordinada de varias persoas, que xeraban unha distracción sobre a vítima para que esta descoidase as súas pertencías no interior do vehículo. Para iso, tiraban moedas ou outros obxectos ao chan, alertando á vítima da súa suposta caída co fin de que se agachase a recollelos. Nese momento, outro integrante do grupo accedía ao interior do vehículo e subtraía os efectos de valor”, explican os axentes.

Así mesmo, empregaban outras variantes como solicitar indicacións para afastar á vítima do vehículo, ou vixiar a persoas que abandonaban establecementos comerciais con carros de compra, aproveitando o momento en que se afastaban para devolvelos ao seu sitio sen asegurar previamente o peche do vehículo.

O pasado decembro denunciouse un primeiro feito na localidade de Burela. Posteriormente, este mes rexistráronse outro tres delitos similares en aparcadoiros de supermercados de Burela, Foz e Ribadeo.

Como resultado da investigación, a Garda Civil identificou a cinco persoas, quen se desprazarían en vehículos de aluguer desde Madrid e operarían en diferentes provincias do territorio nacional. Todos eles teñen a súa residencia en Madrid, atopándose pendente a súa detención e posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...