InicioSucesosFalece unha persoa en Viveiro logo de caer do segundo andar na...

Falece unha persoa en Viveiro logo de caer do segundo andar na residencia Domus Vi

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este pasado luns logo de caer desde o segundo andar da residencia de maiores que xestiona DomusVi en Viveiro, segundo confirmou a Policía Local da localidade.

O feito ocorreu sobre as sete da tarde e até o lugar achegáronse tanto patrullas da Policía Nacional como da Policía Local. Axentes da Policía Científica da comisaría de Viveiro recolleron datos e probas para aclarar o sucedido.

Foi o servizo de 061 Urxencias Sanitarias quen deu a voz de alarma ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...