InicioSucesosCondenado a dous anos de cárcere, sen ingreso en prisión, por abusos...

Condenado a dous anos de cárcere, sen ingreso en prisión, por abusos a dous menores en Foz

O home deberá manter orde de afastamento durante cinco anos e non poderá traballar con menores.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de Foz aceptou unha pena de dous anos de cárcere, aínda que non irá a prisión, por un delito de abuso sexual e outro de exhibición obscena, contra dous irmáns, de 10 e 13 anos, cos que convivía porque mantiña unha relación coa súa nai. O caso, que se tratou este martes na Audiencia de Lugo, ía xulgarse como unha dobre agresión sexual a menores de 16 anos coa agravante de relación de superioridade, o que significaba unha pena de 12 anos por cada delito (24 en total).

O home chegou a un acordo coa Fiscalía, que explicou que este estivo motivado “polo ben da vítima” e para non ter que facerlle pasar novamente por unha declaración pública do sucedido. Os feitos remóntanse ao período 2015-2017, cando o home convivía coas dúas vítimas menores. Aproveitando que a súa nai non estaba, baixou os pantalóns ante unha delas, cando contaba 10 anos, e incitouna a tocar o seu pene, comportamento que se repetiu en varias ocasións.

Segundo a Fiscalía, tamén o tentou coa vítima de 13 anos, coa que “compartían varios intereses” e á que chegou a pedirlle unha felación. A denuncia fíxose efectiva despois de que a nai tivese coñecemento dos feitos, cando a relación co acusado se rompeu, en 2022. As vítimas estiveron de acordo coa rebaixa da acusación para unha delas de agresión sexual a abuso sexual, mentres que para a outra se deixou en exhibición obscena, polo que recibe unha pena de 2 anos de cárcere polo primeiro delito e unha multa de 1.400 euros polo segundo, que pagará a prazos.

Ademais, as vítimas reciben unha indemnización de 2.000 euros para cada unha e o home, que non irá ao cárcere porque lle foi concedida a suspensión de pena, deberá estar afastado das dúas vítimas a menos de 300 metros durante 5 anos, o mesmo tempo que non poderá exercer unha profesión vinculada a menores.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...