InicioSucesosArde por completo unha furgoneta nunha pista forestal de Mondoñedo e o...

Arde por completo unha furgoneta nunha pista forestal de Mondoñedo e o condutor sae ileso

O vehículo incendiouse nun camiño embarrado na parroquia dos Remedios tras quedar atrapado.

Publicada o

- Advertisement -

Unha furgoneta incendiouse este mércores nunha pista forestal en Mondoñedo, aínda que o condutor saíu ileso do vehículo, que ardeu por completo. Segundo debullou o 112 Galicia a Europa Press, foi o condutor do vehículo quen alertou á Central de Emerxencias para avisar de que estaba nunha zona embarrada e non conseguía saír.

Neste contexto, tamén indicou que “se meteu mal por un camiño” e que o vehículo estaba a empezar a arder, pero que el xa estaba no exterior. O suceso tivo lugar ás 12.30 horas en Tronceda, na parroquia dos Remedios, até onde se desprazaron bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil de Mondoñedo e membros do distrito forestal da zona.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...