InicioSucesosFalece un ciclista tras perder o coñecemento na N-642 en Vilaronte, Foz

Falece un ciclista tras perder o coñecemento na N-642 en Vilaronte, Foz

Publicada o

- Advertisement -

Un ciclista faleceu esta tarde de domingo na estrada N-642, á altura de Vilaronte, no concello de Foz. Pasadas as 13:10 horas, un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia: un ciclista xacía no chan e varios transeúntes iniciaran xa as manobras de reanimación cardiopulmonar para tratar de salvalo.

Aínda que as primeiras chamadas apuntaban a un atropelo debido á posición da bicicleta e o corpo na calzada, os servizos de emerxencia confirmaron ao chegar ao punto quilométrico 29,5 que o accidente non fora provocado por ningún vehículo. O ciclista sufriu unha indisposición súbita mentres pedalaba, o que provocou que caese ao asfalto xa sen coñecemento.

O suceso desencadeou unha resposta inmediata de todos os corpos de seguridade e saúde. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, do Parque de Bombeiros de Barreiros así como axentes da Policía Local de Foz, Garda Civil e Protección Civil.

A gravidade do cadro clínico fixo que se solicitase a intervención do helicóptero medicalizado do 061, que iniciou o seu voo cara á Mariña. Porén, a aeronave tivo que cancelar a súa aterraxe a medio camiño unha vez que os médicos presentes no lugar confirmaron o deceso do home, tras esgotar todas as posibilidades de reanimación. Aínda faltan as probas forenses definitivas, mais todo indica que a morte se produciu por causas naturais.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...