InicioSucesosDous detidos en Foz por levar 100 gramos de haxix nun vehículo

Dous detidos en Foz por levar 100 gramos de haxix nun vehículo

A Garda Civil recolleu tamén 800 euros fraccionados e un caderno con anotacións

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Foz a dous homes, veciños de Viveiro de 59 e 22 anos, como supostos autores dun delito contra a saúde pública ao intervirlle 100 graos de haxix nun vehículo.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos producíronse cando unha patrulla, no marco das actividades de prevención da delincuencia e o tráfico de drogas en lugares de lecer, observou, nas inmediacións da urbanización das Lagoas, a dúas persoas que empuxaban un vehículo que supostamente estaba avariado.

Ante a actitude dos dous homes e as respostas evasivas aos axentes, procederon a identificalos e a verificar o interior do turismo. Desta forma, os axentes localizaron dous tabletas de po de haxix cun peso aproximado de 50 gramos cada unha, unha báscula de precisión, bolsas de plástico de auto-peche, un caderno con anotacións e 800 euros fraccionados en billetes de 50, 20, 10 e 5 euros.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...