InicioSucesosEnchen os depósitos de varios camións pagando con cartóns bancarios clonados

Enchen os depósitos de varios camións pagando con cartóns bancarios clonados

A Garda Civil detivo o pasado sábado na localidade lucense de Ribadeo a dúas persoas naturais de Bosnia Herzegovina, de 39 e 60 anos de idade, como presuntos autores de tres delitos de estafa relacionados coa clonación de cartóns bancarios.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo o pasado sábado na localidade lucense de Ribadeo a dúas persoas naturais de Bosnia Herzegovina, de 39 e 60 anos de idade, como presuntos autores de tres delitos de estafa relacionados coa clonación de cartóns bancarios. Tal como informou a Benemérita, foi o pasado mes de maio cando comezou a investigación, ao ter constancia do pago de combustible nunha estación de servizo de Ribadeo por un importe de 1.280 euros, con cargo a un cartón bancario asociada a un camión, o cal non fora enchido polo seu propietario.

Precisamente o propietario deuse conta do sucedido cando ao ir encher o camión da súa empresa, o cartón non lle deixou realizar o pago do combustible ao superar determinado límite de gasto establecido previamente. No marco da investigación tense coñecemento da comisión doutro ilícito da mesma índole denunciado en Ames, no que se realizou un pago de 1.340 euros na reposición doutro camión.

Así, a Garda Civil logrou identificar as persoas que levaran a cabo tales reposicións. A investigación culminou o sábado, cando os axentes que levan o caso observaron a un camión que acababa de encher combustible nunha estación de servizo de Ribadeo, “e os seus dous ocupantes eran sen ningún xénero de dúbidas as persoas supostamente vinculadas cos delitos de estafa”.

“Procédese á súa identificación, tras a cal os axentes descobren que os infractores tiñan no seu poder, entre outros obxectos, sete cartóns bancarios clonados, cos que efectuaban repostaxes nas estacións de servizo, podendo verificar os axentes que acababan de facer un pago de 1.520 euros para encher de combustible o camión que conducían”, engade a Benemérita.

Ademais dos cartóns clonados ilicitamente, tamén lle foron intervidos un lector portátil de bandas magnéticas, empregado no proceso de clonado dos cartóns bancarios dos que se aproveitaban para reportar e cinco ferramentas artesanais empregadas para a apertura das portas de camións. As dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...