Un home foi detido no municipio de Riotorto na mañá do pasado martes por malos tratos á súa esposa.
O Tribunal de Instancia de Mondoñedo decretou esta mañá de mércores a liberdade deste acusado dun delito de violencia de xénero contra a súa muller.
O arresto tivo lugar nunha farmacia da localidade, sobre as 12.40 da mañá, onde se atopaba o detido coa súa esposa, a suposta vítima, e onde foi localizado pola Garda Civil.
Os axentes acudira ao lugar alertados polo 112, quen recibiu o aviso por parte dunha traballadora social, “coñecedora da situación”.
A muller foi trasladada para a súa revisión e atención á PAC de Ribadeo, xa que presentaba varios hematomas na cara.
A xuíza impúxolle como medidas cautelares a prohibición de achegarse a menos de 500 metros da muller e de comunicarse con ela por calquera medio. Está a ser investigado por delitos no ámbito da violencia de xénero.
