InicioSucesosFeridas tres persoas nun accidente entre un camión e dous turismos no...

Feridas tres persoas nun accidente entre un camión e dous turismos no Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas este luns nun accidente de tráfico no que se viron implicados un camión e dous turismos na estrada LU-162, ao seu paso pola parroquia de Budián, no Valadouro.

Tal e como informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 08.15 horas. Nese momento, un particular contactou coa central de emerxencias para alertar do ocorrido advertindo da posible presenza de persoas atrapadas no interior dun dos vehículos.

Ao ter coñecemento dos feitos, o 112 deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar a dúas das persoas implicadas. Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ao tres vítimas ao hospital de referencia. Ademais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade, que colaboraron no operativo.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...