InicioSucesosOs cinco brigadistas feridos en Barreiros continúan graves

Os cinco brigadistas feridos en Barreiros continúan graves

Segundo informaron este martes fontes sanitarias, non se produciron cambios desde a xornada do luns no estado dos brigadistas feridos en Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

Os cinco brigadistas feridos no incendio de Barreiros permanecen ingresados con prognóstico grave na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Segundo informaron este martes fontes sanitarias, non se produciron cambios desde a xornada do luns no estado dos brigadistas feridos en Barreiros. Os cinco presentan prognóstico grave, por queimaduras de segundo grao.

Deste xeito, un dos brigadistas ten 24 anos, ten afectado o 25% do corpo e resultou intoxicado por inhalación de fume.

Outro dos profesionais, de 25 anos, ten o 15% do corpo afectado polas queimaduras de segundo.

O terceiro destes brigadistas ten 24 anos e as feridas afectaron a un 10% do seu corpo.

Ademais, outro dos bombeiros ten 29 anos e unha afectación do 8% e, por último, o quito dos brigadistas, de 27 anos, ten feridas no 5%.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...