Un home de avanzada idade ao que a súa familia buscaba desde o sábado no municipio lucense de Xove foi localizado con vida. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon pasadas as 02.00 horas deste domingo e foi a Garda Civil a que confirmou que o home apareceu na zona da súa vivenda e necesitaba asistencia sanitaria.
A Garda Civil foi informada por un particular que lle explicou que un familiar seu, de avanzada idade, non volveu a casa e que foi visto por última vez durante a tarde. A central de emerxencias informou á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xove, Cervo e Burela.
