InicioSucesosFalece o tripulante do veleiro ferido na cabeza en Burela

Falece o tripulante do veleiro ferido na cabeza en Burela

Foi un helicóptero de Gardacostas o que o rescatou e trasladou ao hospital, onde estivo ingresado en estado de coma ata o seu falecemento.

Publicada o

- Advertisement -

tripulante do veleiro que foi evacuado o martes a Burela tras sufrir un golpe na cabeza que o deixou en estado de coma, faleceu este mércores no Hospital da Mariña, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press. O helicóptero de Gardacostas de Galicia Pesca 2 encargouse de trasladalo ao hospital comarcal, onde está a ser atendido.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 16.45 horas deste martes, cando Salvamento Marítimo informou da necesidade de rescatar e trasladar á vítima. Da situación tamén tiveron coñecemento o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Debido á gravidade do estado do ferido e á dificultade do operativo, un dos efectivos tivo que lanzarse á auga e acceder ao veleiro para poder izar á vítima a bordo do helicóptero Pesca 2, que o trasladou de maneira inmediata ao Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...