InicioSucesosRescatan dúas persoas no encoro do Río Cobo tras sufrir unha fuga...

Rescatan dúas persoas no encoro do Río Cobo tras sufrir unha fuga na súa lancha neumática

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12.40 horas, a través da chamada dun particular que solicitaba axuda urxente.

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas foron rescatadas no mediodía deste martes no encoro do Río Cobo, no municipio lucense de Cervo, despois de que a lancha neumática na que viaxaban sufrise unha fuga. 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12.40 horas, a través da chamada dun particular que solicitaba axuda urxente. Segundo relatou, el e unha acompañante atopábanse agarrados a unha boia a uns 200 metros da beira, tras sufrir unha perda de aire na embarcación na que navegaban.

O 112 informou os bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. Pouco despois, os servizos de emerxencia confirmaron o rescate do home e a muller. A pesar de atoparse ambos en bo estado, solicitouse atención sanitaria para a muller, que presentaba un episodio de nerviosismo derivado da situación, polo que o 112 Galicia tamén informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...