A Garda Civil detén na Mariña Lucense a catro veciños de Xirona, con idades comprendidas entre os 22 e 50 anos de idade como supostos autores dun delito de roubo de cable de cobre. Os feitos teñen lugar a mediados de mes cando se ten coñecemento de que no termo municipal de Xove están a producirse subtraccións de cobre. A última coñecida ten lugar na madrugada do pasado día 17 cando autores descoñecidos apropiáronse duns 800 metros de cable.
A partír destas accións intensificouse a vixilancia, tanto da zona afectada como das vías de comunicación adxacentes, dando inmediatamente os seus froitos ao detectar durante a madrugada do día 18 a presenza dun furgón na estrada LU-862, que une o alto de Castelo en Cervo co límite con Xove, este vehículo circulaba a unha velocidade anormalmente reducida e ao decatarse o seu condutor da presenza dos axentes, aumento considerablemente a mesma.
A patrulla da Garda Civil deulle o alto á furgoneta e cando esta se detivo, de maneira imprevista saíron do interior dúas persoas, unha da cabina e outra da parte destinada á carga, que emprenderon unha fuxida a pé, mentres que o condutor se puido ser identificado nese momento, comprobando a posteriori como no furgón de carga estaba a trasladarse unha gran cantidade de cable de cobre con recubrimento plástico multicolor, similar ao empregado nos tendidos telefónicos, así como un alicate de corte e outros indicios máis que suficientes que indicaban que tales efectos son froito dun ilícito penal relacionado coa subtracción de cable de cobre, ante o cal se procede á aprehensión do cable e do vehículo que o transportaba, así como á detención do condutor.
Posteriormente activouse un dispositivo policial de procura e localización das persoas que fuxiran, sendo detidas horas máis parte cando circulaban pola N-642 no interior dun turismo, así como a un cuarto cómplice que se atopaba no vehículo interceptado.
A investigación continúa aberta ao obxecto de verificar se estas persoas puideron participar noutros feitos similares ocorridos na provincia de Lugo e limítrofes. As dilixencias policiais foron postas ao dispor da Autoridade Xudicial.
