InicioSucesosDetida unha persoa por presunta simulación de delito en Ribadeo

Detida unha persoa por presunta simulación de delito en Ribadeo

O detido denunciara unha serie de cargos á súa conta bancaria que resultaron ser falsos

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detén na localidade lucense de Ribadeo a un veciño desta mesma localidade, maior de idade como suposto autor dun delito de simulación de delito. Os feitos inícianse o pasado mes de maio, cando o infractor denuncia varios cargos, segundo o denunciante fraudulentos, os cales se efectuaron nunha conta bancaria da que é titular.

Tras iniciar unha investigación constátase que as circunstancias que rodean a denuncia presentada eran bastante afastadas da realidade, verificando os axentes que os cargos bancarios correspondíanse con apostas realizadas nunha páxina web especializada neste tipo de actividades, as cales foran efectuadas e autorizadas polo propio denunciante a través doutra persoa, precisamente co obxecto de ocultar a súa participación e así posteriormente tentar recuperar o diñeiro investido, reclamándoo como unha actividade fraudulenta cometida por terceiras persoas na súa conta bancaria, previa a presentación da correspondente denuncia por estes feitos ficticios. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...