- Advertisement -
A Policía Local de Viveiro identificou ao autor dos danos producidos nunha fonte municipal da parroquia de Chavín o 27 de abril. O causante foi o condutor dun camión que realizaba un cambio de sentido.
Despois de que ocorreran os feitos, a Policía Local iniciou unha investigación co obxecto de esclarecer o sucedido e atopar ao responsable. A conclusión chegou logo de revisar testemuñas e outros indicios atopados na zona.
