InicioSucesosOito feridos nun atropelo múltiple durante as festas de Burela

Oito feridos nun atropelo múltiple durante as festas de Burela

O atropelo produciuse despois de que o octoxenario que conducía un turismo golpease unha estrutura e se desviase.

Publicada o

- Advertisement -

Oito persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple rexistrado durante a celebración das festas patronais do municipio lucense de Burela. Segundo informou o CIAE 112, sobre as 16.20 horas deste venres, o servizo de Urxencias Sanitaria de Galicia 061 informou o suceso. Os medios desprazados ao momento explicaron que había un total de oito persoas feridas, todas elas conscientes pero unha en estado crítico. Ao lugar desprazáronse, ademais dos servizos sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, así como os Bombeiros de Barreiros.

Todos os feridos foron evacuados ao hospital. Varias das persoas afectadas están relacionadas coa Fundación Eu Son, centrada na atención de persoas con discapacidade. Segundo indicaron os medios desprazados ao momento, o atropelo produciuse despois de que o octoxenario que conducía un turismo golpease unha estrutura e se desviase, a raíz do impacto, á zona na que se atopaban estas persoas. O condutor, que deu negativo nas probas de alcoholemia, foi tamén evacuado ao centro hospitalario. A Policía Local de Burela, en colaboración coa Garda Civil, fíxose cargo da instrución de ateigado tendo en conta que o suceso tivo lugar en zona urbana.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...