Axentes da Policía Local localizaron o corpo sen vida dunha muller desaparecida desde a mañá deste domingo no municipio lucense de Ribadeo. O 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller sobre as 12.30 horas desta xornada e no operativo de procura participaron a Garda Civil, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. O corpo sen vida da muller foi localizado preto do faro de Illa Pancha e foi o helicóptero do Pesca II, mobilizado por Salvamento Marítimo, o que procedeu ao seu rescate.
Achan preto do faro de Illa Pancha o corpo sen vida dunha muller desaparecida
O 112 Galicia tivo constancia da desaparición da muller sobre as 12.30 horas desta xornada e no operativo de procura participaron a Garda Civil, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Publicada o
- Advertisement -
