InicioSucesosA Garda Civil investiga dous supostos furtos en Barreriros e Ribadeo

A Garda Civil investiga dous supostos furtos en Barreriros e Ribadeo

Un veciño de Ribadeo foi detido por ter varias requisitorias xudiciais

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigada na localidade lucense de Ribadeo a unha veciña de Castropol, de 63 anos de idade como suposta autora dun delito de furto.

Os feitos teñen lugar nun establecemento comercial situado en Vilar (Ribadeo), cando a persoa investigada é sorprendida ao abandonar o lugar sen abonar varios produtos que levaba ocultos entre as súas pertenzas.

As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

SUPOSTO FURTO EN BARREIROS

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Barreiros, de 19 anos de idade como suposto autor dun delito de furto.

Os feitos teñen lugar nun establecemento comercial situado en Viladaide (Barreiros).

As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

DETIDO UN VECIÑO EN RIBADEO CON VARIAS REQUISITORIAS

A Garda detén na localidade lucense de Ribadeo a un veciño desta mesma localidade, de 30 anos de idade, ao cal lle constan varias requisitorias xudiciais en vigor dimanantes de xulgados de Asturias.

Á persoa detida cónstanlle requisitorias de procura detención e comparecencia dimanantes (procedentes) dos Xulgados de primeira instancia e instrución nº 1 de Mieres (Asturias) e de procura, detención e ingreso en prisión do Xulgado do Penal nº 2 de Oviedo (Asturias).

As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...